Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ O VINDEIRO LUNS NA CIDADE
O vehículo localizarase na rúa Cataluña, nas inmediacións do Centro Comercial Odeón
Narón, 2 de xaneiro de 2023. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro luns, día 8, na cidade, concretamente nas inmediacións do centro comercial Odeón, na entrada posterior localizada na rúa Cataluña, na Gándara. O vehículo permanecerá operativo en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 e tamén pola tarde, de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal