Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O NAVITRÉN CONTINUARÁ OPERATIVO ATA ESTE XOVES E OS POBOADOS DE NADAL DA GÁNDARA ABRIRÁN O VENRES EN HORARIO DE MAÑÁ E TARDE
A edil de Festas, Mar Gómez, informou que ambas propostas continúan operativas durante parte desta semana
Narón, 2 de xaneiro de 2024. O Navitrén continúa percorrendo esta semana, ata o xoves día 4, incluído, algunhas das principais vías da zona urbana. En colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón o Concello impulsou esta proposta, de balde, e cuxos tickets das viaxes obtéñense por compras realizadas nos establecementos adheridos á campaña, preto de oitenta na cidade. O Navitrén sae da estrada de Castela –nas inmediacións da Casa da Cultura- e realiza ao día dous percorridos, un máis longo, en horario de mañá, dende o Concello ata o muíño de Xuvia, pola estrada de Castela e outro máis curto, polas tardes, percorrendo un tramo da estrada de Castela, as rúas Rafael Bárez, Vigo, a avenida Concepción Arenal, estrada da Gándara e Bispo Argaya. As saídas son ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas pola mañá e ás 16:00, 17:00. 18:00, 19:00 e 20:00 horas polas tardes. Así mesmo, continúan operativos os Poboados de Nadal instalados na Praza da Gándara e que pecharán as súas portas o vindeiro venres, día 5 de xaneiro, xornada esta última na que abrirán en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 e tamén pola tarde, de 17:00 a 20:00 horas, tal e como indicou a edil de Festas, Mar Gómez. Pódense realizar algunhas compras nos postos instalados (librarías, bisutería, doces, artesanía, decoración…), e tamén participar en diferentes xogos baixo unha carpa instalada na zona.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal