Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCOU TRES NOVAS ACCIÓNS DO PROXECTO GUIZO PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO
A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, anunciou a apertura do prazo de inscrición nestas actividades
Narón, 12 de xaneiro de 2024. A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, anunciou a apertura do prazo de inscrición en tres novas accións do proxecto municipal “Guizo”, que ten entre os seus obxectivos mellorar a socialización en galego de nenas e nenos. A edil naronesa recordou que se trata dunha iniciativa dirixida a familias con menores de 6 a 12 anos, ás que se lles proporciona con este proxecto “un espazo de lecer que xire ao redor do contacto coa natureza e do seu coidado e respecto, permitíndolles coñecer as plantas e animais do noso contorno ou crear música con instrumentos naturais”. O día 20 de xaneiro terá lugar “De oca a oca e rastro porque me toca”, unha proposta de xogo no que as familias poderán coñecer os sons que emiten as curuxas e as cigarras, as pegadas dos corzos e xabaríns, aprender a diferenciar o pelo do lobo… e outros datos curiosos do noso entorno. O centro cívico social do Couto acollerá esta iniciativa, a partir das 11:00 horas. “O bosque musical” é a segunda das accións, programada para o 17 de febreiro, tamén ás 11:00 horas no centro cívico social do Couto. Mediante o emprego de sinxelas ferramentas as persoas participantes poderán manipular diferentes elementos naturais ata escoitar a “música das árbores”. Finalmente, o 16 de marzo ás 11:00 horas na citada ubicación poderase participar na “Creación de herbario persoal”, unha forma moi divertida de que as nenas e nenos poidan aprender sobre as especies de flora máis características de Galicia e espertar a súa creatividade elaborando un herbario persoal. Para consultar máis información sobre as actividades programadas dende o Servizo de Normalización Lingüística de Narón pódese consultar a web: www.naronengalego.gal (no apartado de actividades). As persoas interesadas en inscribirse nestas propostas –de balde- deben enviar un correo electrónico ao mail a.pita@naron.gal indicando o nome da actividade, o nome e idade da nena ou neno e do pai, nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal