Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU O ACTO DE DISTINCIÓN DOS "USUARIOS E USUARIAS DE HONRA 2024"
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, entregaron os diplomas e uns agasallos institucionais
Narón, 13 de xaneiro de 2024. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá o acto de homenaxe aos/ás “Usuarios/as de honra 2024” da Biblioteca municipal. Á convocatoria asistiu a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, e as persoas premiadas en ambas categorías, infantil e adultos. Con este acto conmemórase na cidade por undécimo ano o Día dos usuarios e usuarias da Biblioteca. Ferreiro e Ameneiro entregaron aos usuarios e usuarias de honra un diploma acreditativo e un pequeno agasallo institucional, ademais de entradas para espectáculos ao Pazo da Cultura. Na categoría infantil (ata 14 anos), obtiveron a distinción pola súa especial implicación coa biblioteca durante o pasado ano Thiago Regueira Lage, Lucía López Picos, Cloe Paz Marente, Isabel López Silva e Noel López Veiga. Así mesmo, na categoría de adultos entregóuselles o diploma a Antonio Ricardo Isolino Brea Costa, Noelia Ferreiro Paz, Emilia Bogo Castro e Víctor Manuel Castiñeira Díaz. Ao inicio do acto a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, dirixiron unhas palabras aos asistentes, felicitando ás nenas e nenos e tamén ás persoas adultas que este ano recibiron a distinción de usuario ou usuaria de honra da Biblioteca municipal. Así mesmo, Ferreiro aproveitou a ocasión para destacar o feito de que a día de hoxe o número de usuarios/as con que conta o centro como Biblioteca de referencia na rede é de 11.044. “As usuarias e usuarios sodes o pilar destas instalacións, nas que cada ano tratamos de incrementar fondos, actividades e servizos. Grazas ás familias e ao persoal que traballa tanto neste centro como na Axencia de Lectura da Gándara e a Ludoteca da Solaina por facer posible, entre todas e todos, que nada menos que 11.044 persoas teñan como referencia esta Biblioteca”, recalcou Ferreiro. A rexedora local destacou o importante incremento de fondos e servizos do centro no último ano e agradeceu a implicación das persoas que acuden ás actividades programadas ao longo do ano nos citados centros. A Biblioteca municipal comezou a funcionar no ano 1986 no actual edificio da Casa da Cultura –nas inmediacións da estrada de Castela- e no ano 2003 inauguráronse as actuais instalacións, localizadas na rúa 25 de Xullo. O centro conta, entre outros, con servizos de lectura en sala, préstamo a domicilio e hemeroteca.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal