Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALARÁ ESTE VENRES EN ODEÓN O PUNTO INFORMATIVO SOBRE A PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR
A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, avanzou que o punto estará operativo dende as 18:00 ata as 20:00 horas
Narón, 15 de xaneiro de 2024. O punto informativo sobre o acoso escolar instalarase este venres, día 19, no Centro Comercial Odeón, onde permanecerá operativo dende as 18:00 ata as 20:00 horas. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, que incidiu en que se retoma esta iniciativa para reforzar o traballo que se realiza nos obradoiros de convivencia escolar nos centros de ensino da cidade. O alumnado de sexto de Primaria e de primeiro curso da ESO é o destinatario destes obradoiros, xunto coas familias e profesorado. A maiores de sesións individuais e grupais tamén se impulsou dende o Concello este punto informativo, que estivo en varias ubicacións da cidade o pasado ano e cuxa actividade se retoma esta semana, tal e como indicou a edil naronesa. “Reforzar o traballo que se realiza nos centros, en materia de prevención do acoso escolar, é un dos obxectivos principais desta acción, na que se ofrece á cidadanía en xeral unha serie de información a través da que poder detectar posibles casos e tamén como afrontalos mediante as ferramentas operativas a tal fin”, apuntou Ameneiro. O persoal que atende o punto informativo de prevención do acoso escolar ofrecerá ás persoas que se acheguen a o mesmo trípticos informativos, pulseiras cun código QR que redirixe a unha páxina web con recursos preventivos das diferentes administracións contra o acoso escolar… Así mesmo, tamén se solicitará que realicen unha enquisa co fin de coñecer máis polo miúdo a situación real para posteriormente analizar os datos obtidos. “Conéctate contra o acoso escolar” é un dos lemas desta campaña, sobre a que se pode solicitar máis información no Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108, 1109 e 1122) ou escribindo un correo electrónico á dirección: omix@naron.gal. “A colaboración da comunidade educativa en particular e da sociedade en xeral é fundamental para erradicar unha lacra como a do acoso escolar, que lamentablemente aínda se produce a día de hoxe e contra a que temos que unir todas as forzas posibles perseguindo ese obxectivo común”, recalcou a concelleira de Ensino.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal