Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAVILLÓN DA MOCIDADE ACOLLERÁ EN FEBREIRO A "XVI FESTA DO COCIDO" DA GÁNDARA
A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou a cita gastronómica xunto con Javier Freire, Francisco López e Juan Carlos Fernández, directivos da AVV Santiago Apóstol da Gándara
Narón, 15 de xaneiro de 2024. A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou esta mañá xunto con Javier Freire, presidente da AVV Santiago Apóstol da Gándara, Francisco López e Juan Carlos Fernández, directivos da entidade, a décimo sexta edición da Festa do Cocido da Gándara. A celebración terá lugar o vindeiro 10 de febreiro a partir das 13:00 horas e as persoas interesadas en asistir poden inscribirse no local social da Gándara –de luns a venres de 10:30 a 12:00 e de 19:00 a 21:00 horas- ata o vindeiro 2 de febreiro – ás 22:00 horas-. A celebración gastronómica inclúe un menú a base de sopa, cocido, sobremesa e bebidas a un prezo de 17 euros para os socios da AVV Santiago Apóstol e de 22 para as persoas que non están asociadas á entidade. Así mesmo, hai opción dun menú infantil, a un prezo de 5 euros. O evento levarase a cabo no pavillón da Casa da Mocidade, no que tamén haberá música en directo, tal e como avanzaron dende a organización. As persoas interesadas en obter máis información poden contactar coa organización a través do teléfono 603 742 624 ou consultar as redes sociais da entidade veciñal (Facebook da AVV Santiago Apóstol da Gándara e Instagram A.VV. Gándara. Dende o Concello e a organización animaron á cidadanía a acudir a esta cita gastronómica, da que a edil de festas salientou que “constitúe todo un referente entre os eventos que anualmente se organizan nesta parroquia da cidade, unha das máis poboadas”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal