Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CASA DA MOCIDADE ACOLLERÁ UNHA CLASE MAXISTRAL DE BATERÍA A CARGO DE CRISTÓBAL CASTRO
O edil de Mocidade, Ibán Santalla, animou ás mozas e mozos de 12 a 45 anos a participar na convocatoria, que se desenvolverá o 8 de marzo
Narón, 29 de febreiro de 2024. O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, anunciou a apertura, hoxe, do prazo de inscripción, ata o vindeiro luns 4 de marzo, na clase maxistral de batería que impartirá o docente Cristóbal Castro o vindeiro 8 de marzo. A convocatoria abordará sistemas de movementos, improvisación e emocións para batería e diríxese a mocidade de Narón de entre 12 e 45 anos, tendo preferencia para asistir o alumnado que acode ás Escolas de Música Moderna (clases ou aulas de ensaio). O edil naronés indicou que a clase maxistral inclúe a presentación do libro “Sismoción”, na que se abordan temas como explorar a batería dende novos puntos de vista, colocando a expresividade ou o autocoñecemento ou tamén conceptos lúdicos de improvisación como un medio para o desenvolvemento, o crecemento e o divertimento. A clase maxistral e a presentación do libro desenvolveranse de 18:30 a 20:30 horas. Para poder acudir, as inscricións deben realizarse cubrindo un formulario disponible na Casa da Mocidade, na Gándara, en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Santalla animou ás veciñas e veciños coa idade indicada a animarse a participar nesta convocatoria, de balde, e pensada para que poidan incrementar os seus coñecementos da man dun profesional na materia.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal