Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS LOCAIS SOCIAIS DO COUTO E CASTRO ACOLLEN ESTA SEMANA AS SESIÓNS DOS CONSELLOS TERRITORIAIS
A edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, animou ás entidades inscritas no rexistro municipal a acudir ás convocatorias dos seus respectivos barrios ou parroquias
Narón, 5 de marzo de 2024. Os Consellos Territoriais continúan desenvolvéndose esta semana no termo municipal. Así o recordou a edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, que explicou que ao xa celebrado a pasada semana en Doso, que abriu este programa, se suman o que se levou a cabo onte no Couto -19:00 horas- e o deste xoves en Castro -19:00 horas- en ambos casos nos seus respectivos locais sociais. As xuntanzas, abertas á participación de todas as entidades que están inscritas no rexistro municipal con domicilio no barrio ou parroquia no que se celebren, continuarán ata finais deste mes na zona urbana e rural da cidade. A vindeira semana celebraranse os de San Xiao, o luns 11 -19:00 horas no local social-; e o Alto, o xoves 14 -19:00 horas no local social de Chafarís-. Os vindeiros Consellos Territoriais celebraranse en San Mateo, o día 18; Sedes, p día 21, en ambos casos ás 19:00 horas nos locais sociais de cada unha destas parroquias. No mes de abril continuarán celebrándose en Xuvia, o día 4; na Gándara o día 8; en Santa Icía-A Solaina o día 10 e en Piñeiros o día 15, tamén todos ás 19:00 horas nos locais sociais. Na xornada do 18 de abril programouse o de Pedroso, que comezará ás 18:00 horas no local social da Pombiña e os dous últimos serán os de Freixeiro, o día 22 e O Val, o día 29; a partir das 19:00 horas no local social de Virxe de Fátima e do Val respectivamente. A edil de Participación Cidadá convidou ás entidades ás que se dirixen a acudir a estas convocatorias, co fin de analizar conxuntamente a situación das parroquias e barrios da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal