Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN EN DÚAS CLASES MAXISTRAIS DE GUITARRA E PIANO
O edil de Mocidade, Ibán Santalla, explicou que as sesións se dirixen a persoas de Narón de entre 12 e 45 anos
Narón, 7 de marzo de 2024. O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, informou da apertura do prazo de inscrición en dúas clases maxistrais que se celebrarán a través da Escola de Música Moderna na Casa da Mocidade, na Gándara. Una delas será sobre guitarra e correrá a cargo de Tony Torres e a outra, de piano, impartiráa Fran Rey. O prazo de inscrición na de piano permanece aberto ata o día 13 deste mes, se ben para anotarse na clase de guitarra haberá que facelo dende o 12 ao 20 deste mes, tal e como explicou Santalla. En ambos casos diríxense a mocidade de Narón de entre 12 e 45 anos. O músico Fran Rey, cunha longa traxectoria, impartirá a clase maxistral de piano o día 15 deste mes, de 19:00 a 21:00 horas na Aula de Ensaio da Casa da Mocidade. Rey acompañou a artistas como Cristina Pato, Rosa Cedrón, Andrés Suárez… e impartirá unha clase baseada en diferentes estilos musicais, facendo un repaso dende as súas orixes no blues, soul, jazz… ata a actualidade. En canto á clase maxistral de piano, será Tony Torres, o guitarrista de Malditos Pendejos, o encargado de explicar o método que emprega para impartir as súas clases, falando sobre a guitarra e todas as posibilidades que ofrece. A clase será o 22 de marzo, de 18:30 a 20:30 horas na Aula de Ensaio da Casa da Mocidade. A inscrición nestas clases maxistrais é de balde, tal e como recordou Santalla, que animou a que o colectivo ao que se dirixe se inscriba nas mesmas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal