Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO DE TEATRO CONTEMPORÁNEO "O DRAGÓN DE OURO"
As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 18 de abril de 2024. A compañía Sarabela Teatro representará este sábado no Pazo da Cultura, ás 20:00 horas, o espectáculo de teatro contemporáneo “O dragón de ouro”. A peza está ambientada nun edificio dalgún lugar de Europa cun restaurante de comida rápida ubicado no baixo e en cuxo local e os pisos superiores se suceden varias historias. Ánxeles Cuña dirixe esta obra, cun elenco artístico formado por Elena Seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fran Lareu e Fina Calleja. Está dirixida a público adulto e ten unha duración de 70 minutos. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura (www.padroadodecultura.es) a un prezo de 9,50 euros para público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal