Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL CONVOCA UN "PEQUENO OBRADOIRO LITERARIO" PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que o vindeiro luns, día 22, abrirá o prazo de inscrición nesta actividade
Narón, 19 de abril de 2024. Os nenos e nenas interesados en participar no Pequeno obradoiro literario organizado na Biblioteca municipal poderán anotarse a partir do vindeiro luns, día 22. A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que a actividade, programada con motivo do Día Internacional do Libro, se levará a cabo o 24 de abril ás 18:00 horas nas citadas instalacións municipais. Os menores convertiranse nos autores dun novo libro, construíndo unha narrativa única na que quedará plasmada a súa creatividade a partir dunha serie de cartas que representan accións, personaxes, lugares e obxectos que eles mesmos seleccionarán ao azar. Os participantes farán uso da súa imaxinación para tecer unha historia cos elementos que indiquen as cartas, dende aventuras en terras lonxanas ata encontros máxicos en mundos descoñecidos, con múltiples posibilidades. Finalmente, as historias compartiranse nas redes sociais da Biblioteca municipal de Narón. As nenas e nenos deben ter cumpridos os catro anos para poder participar e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes. Dende o luns 22 poderán anotarse a partir das 16:00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono: 981 382 173.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal