Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADAS TRES CHARLAS DIRIXIDAS A FAMILIAS CON MENORES MATRICULADOS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
As convocatorias, tal e como avanzou a edil de Ensino, Olga Ameneiro, serán os días 22 e 29 deste mes e o 6 de maio
Narón, 19 de abril de 2024. A edil de Ensino, Olga Ameneiro, informou que os días 22 e 29 deste mes e o 6 de maio se levarán a cabo nas tres escolas infantís municipais, as da Solaina, A Gándara e Piñeiros, unhas charlas dirixidas a familias con fillos/as escolarizados nestes centros. A primeira charla será na escola infantil municipal da Solaina, o día 29 na de Piñeiros e o 6 de maio na da Gándara, nos tres casos dando comezo ás 16:30 horas. As familias recibirán información sobre as liñas xerais da etapa evolutiva, de 0 a 3 anos; a crianza positiva con límites; o apego seguro e a autoestima e o papel da familia e a escola nese período. A concelleira naronesa explicou que se trata de charlas gratuítas, recalcando que para asistir é preciso inscribirse previamente nas escolas infantís municipais.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal