O persoal do Concello e os representantes políticos municipais gardaron cinco minutos de silencio, en conmemoración desta data.
Narón, 25 de novembro de 2011.- A Concellería de Igualdade do Concello de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, convocou hoxe nunha concentración silenciosa diante da porta do Concello para conmemorar o día Contra a Violencia de Xénero. Os traballadores do Concello de Narón e os representantes políticos gardaron cinco minutos de silencio, en memoria das víctimas da violencia de xénero, e en repulsa a este tipo de accións violentas.
Ademáis, en colaboración coas asociacións de mulleres de Narón, distribuiranse 5.000 dípticos divulgativos sobre este tema en diferentes mesas informativas dende o venres 25 de novembro ata o sábado 10 de decembro.
O programa de actos do 25 de novembro inclúe un acto institucional contra a violencia, frente ó monumento á muller situado na Praza de A Gándara. Será o sábado 10 de decembro ás 12:00 horas. No mesmo, a Concelleira de Igualdade dirixirá unhas verbas ós presentes e haberá unha ofrenda de flores, ademáis das actuacións de poetisas e musicais.
Tamén está prevista a celebración de Tertulias de Sensibilización, dende o 28 de novembro ata o 2 de decembro, de 17 a 19 horas nos centros cívicos sociais de O Alto, O Val, A Gándara, Pedroso e Xuvia, respectivamente. Trátase de grupos de discusión nos que se falará de aspectos relacionados con esta temática, nos que participarán centros educativos e entidades asociativas de Narón. Estos faladoiros rematarán cunha pequena conclusión da que se extraerá unha frase significativa de cada un deles.