O PADROADO DE CULTURA E A AVV 'CEIBE' DE SAN XIAO CONVOCAN O V CONCURSO DE PINTURA "CIDADE DE NARÓN"
Narón, 4 de Xuño de 2013.- O Padroado de Cultura de Narón e a Asociación de Veciños ‘Ceibe’ de San Xiao convocan o V Concurso de Pintura “Cidade de Narón”, dirixido á veciñanza de Narón e municipios da bisbarra.
As normas que rexirán este concurso son as seguintes:
• Haberá unha categoría: Adultos (a partir dos 17 anos).
• A categoría Infatil (ata 16 anos ) será certame fora de concurso.
• A obra será orixinal, podéndose presentar una obra por autor.
• Non se poderán presentar obras premiadas noutros certames.
• A temática será libre.
• A técnica e estilo serán libres.
• Formato:
o Os cadros deberán estar enmarcados ou protexidos con listón e acondicionados para a súa exposición.
o As medidas do lenzo serán dun máximo de 80 x80 cm.
• As obras presentaránse sen sinatura, acompañadas dun sobre pechado onde constarán os seguintes datos:
o Nome e apelidos do autor.
o Dirección, teléfono e correo electrónico.
o Título do cadro, data de execución e técnica.
o Fotocopia do DNI (por ambas caras) ou documento acreditativo.
• As obras presentadas serán selecionadas por un xurado, pasarán á fase final do concurso e serán expostas. Farase entrega dun diploma acreditativo a tódolos seleccionados para a fase final. Exporanse un máximo de 40 obras, podendo ser ampliado o número polo xurado.
• As obras serán depositadas no local da A. VV. Ceibe de S. Xiao de Narón( A Igrexa s/n, 15578, S. Xiao – Narón.) dende o día 3/06/2013 ata o día 7/06/2013 en horario de 19:00 a 21:00h.
• A exposición das obras finalistas será dende o día 07/06/2013 ao día 09/06/2013 en horario de 17:00 a 21:00 h. todos os días; e ademais de 12:00 a 14:00h. sábados e domingos.
• A entrega de premios terá lugar o día 09/06/2013 ás 20:00 h no local da AVV Ceibe de S. Xiao.
• A retirada das obras farase o día da entrega de premios, una vez clausurado o Concurso.
• A AVV Ceibe poñerá o máximo interese no coidado das obras,non obstante non se responsabiliza dos danos ou roubo das mesmas.
• O Xurado estará composto por un/unha membro da directiva da A.VV: Ceibe, un representante municipal, una ou varias persoas vinculadas co mundo pintura e actuando como secretario o da AVV Ceibe. A composición do xurado darase a coñecer ó comezo da fase de selección.
• O dictame do xurado será inapelabel.
PREMIOS
• A obra gañadora do primeiro premio pasará a propiedade do Padroado da Cultura do Concello de Narón.
• O/A autor/a que resulte gañador/a do primeiro premio, terá dereito a una exposición de 15 días da súa obra no Pazo da Cultura, as condicións e datas serán fixadas polo Padroado da Cultura.
• Os concursantes, polo feito de concursar aceptan as bases do concurso.
• Calquera incidencia non prevista nestas bases será resolta polo xurado.
CATEGORÍAS
Infantil /Xuvenil Detalle Participativo
Adultos:
Primeiro Premio: 500 Euros
Segundo Premio: 300 Euros.
Terceiro Premio: 200 Euros.
Premio Especial Francisco Criado
(Incompatible con outros premios) 100 Euros.