O DOGA nº 159 do 17 de agosto recolle a Resolución do 30 de xullo de 2007 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Resolución do 27 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2007.
De acordo coa liña destas axudas, o Concello de Narón recibirá unha cuantía de 4.000 euros para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante durante o ano 2007.
Estas axudas teñen como finalidade a subvención dos gastos correntes que se lles orixinen aos concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais aos que se lles concede a subvención pola realización destes programas.