O ALCALDE PRESIDE A TOMA DE POSESIÓN DE TRES NOVOS AXENTES DA POLICÍA LOCAL DE NARÓN
Coas novas incorporacións, a prantilla sumará 37 efectivos.
Narón, 22 de Setembro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presidiu a toma de posesión de tres novos policías locais que se incorporarán á plantilla do Concello de Narón en maio de 2015, logo de completar a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública (onde inician hoxe a súa preparación).
Os tres novos axentes, que superaron o proceso de selección convocado polo Concello de Narón en novembro de 2012, son: Roberto Grandal Teijeiro, Martín Vilariño López e Aitor Hermida Santiago.
Actualmente, a plantilla da Policía Local de Narón está formada por 34 axentes, ós que se sumarán o vindeiro ano estes tres novos policías, pasando polo tanto a 37 efectivos para un municipio que ronda xa os 40.000 habitantes.
Na toma de posesión tamén estiveron presentes o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e a Secretaria Accidental do Concello, Pilar Suanzes, quen deu fe do acto.