Se celebra o domingo 21 de decembro no Recinto Feiral do Trece, con entrada gratuita.
Narón, 9 de decembro de 2014.- A Concellería de Feiras e Mercados de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de pechar o prazo de inscrición para participar no 5º Mercado de Segunda Man que se celebrará no Recinto Feiral do Trece o día 21 de decembro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Os 120 postos ofertados (entre as dúas naves da Feira) foron xa asignados por orde de inscrición. Os expositores realizarán una aportación solidaria de 1 quilo de alimentos ou produtos de hixiene para o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Ó igual que en edicións anteriores, non se admitirá a venta de animais, produtos alimenticios ou bebidas.
A entrada é de balde e ademáis da venda de artículos de 2ª man, os visitantes poderán contemplar unha exposición de radios antiguas, propiedade de Francisco López Carreira.