Percorrerán 45 kilómetros, atravesando lugares emblemáticos do municipio coma o Mosteiro do Couto ou o Magnolio de Xuvia.
Narón, 4 de Maio de 2015.- O Concello de Narón acolleu hoxe a presentación da 1ª Ruta BTT ‘Cidade de Narón’ que se celebrará o domingo 10 de maio (dende as 9:00 ata as 14:00 horas) con saída e chegada no Pavillón de A Gándara. As inscricións están xa pechadas –foron completadas ás 12 horas de abrirse o prazo- e agárdase a participación de 200 ciclistas, entre eles un grupo de 20 mulleres, procedentes de toda Galicia.
Esta ruta cicloturista, de nivel medio, está organizada por:
-Club MTB Escornabois.
-Club Ciclista Benigym Sport.
-Asociación Deportiva ‘Vara e Pedal’.
-Concello de Narón.
-Padroado de Deportes de Narón.
Asimesmo, conta co patrocinio das empresas BMK Narón e Bikeworks Narón. A recadación deste evento será destinada á Asociación Alba Pérez de lucha contra o cancro infantil.
Os participantes nesta ruta cicloturista percorrerán unha distancia total de 45 kilómetros, nos que pasarán por lugares tan emblemáticos coma o Mosteiro do Couto, o Muiño das Aceñas, o Río Xuvia e a área recreativa do Muiño de Pedroso.
Ó finalizar esta ruta de BTT, os ciclistas poderán facer uso das instalacións do Pavillón Polideportivo de A Gándara (vestiarios e duchas para o seu aseo persoal, e mangueiras limpar para as bicis). Está prevista a colaboración de 50 voluntarios no operativo, xunto con persoal de Protección Civil e da Policía Local de Narón. A entrega de dorsais se realizará o sábado 9 de maio no CC Odeón, a partires das 10:00 horas.