MÁIS DUN MILLAR DE NEN@S DOS COLEXIOS DE NARÓN PARTICIPARÁN NA 8ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR
O pelotón darase cita o venres 8 de maio no Pazo da Cultura, dende onde partirán cara á Estrada de Castela, ata chegar ó paseo marítimo de Xuvia.
Narón, 5 de Maio de 2015.- O Concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, acompañado polo equipo de Educación Vial Municipal, presentou hoxe en rolda de prensa a 8ª edición da Marcha Ciclista Escolar, que se celebra dende fai sete anos como broche final ó programa de Educación Vial que se desenvolve nos centros de ensino.
Esta nova edición terá lugar o venres 8 de maio, de 10:00 a 13:30 horas, coa participación de alumn@s de 3º a 6º de Educación Primaria seguintes colexios: A Solaina, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, O Feal, A Gándara, Piñeiros, Jorge Juan, Ayala e Maciñeira (este último de Neda). Ademáis, participarán usuarios de Educación Especial da Asociación Nosa Señora de Chamorro, e nenos/as con mobilidade reducida dos colexios de Narón, que pedalearán en bicicletas de tres rodas (cedidas por Rosa López Losada, da Asociación ASCM).
En conxunto, está prevista a presenza de arredor de 1.200 nenos/as e adultos, que sairán do exterior do Pazo da Cultura, e percorrerán a Estrada de Castela ata chegar ó paseo marítimo de Xuvia. O Concello conta coa colaboración das seguintes asociacións e empresas: Motoclub Fojeteiros, Escornabois, Asociación Vara e Pedal, Club Ciclista Beni Gym, Gadis, Coca Cola e CC Narón.