CELEBRADO O PLENO EXTRAORDINARIO PARA SORTEAR A COMPOSICIÓN DAS MESAS ELECTORAIS DO 20 DE DECEMBRO
As persoas seleccionadas a través dun programa informático recibirán unha notificación nos vindeiros días no seu domicilio
Narón, 24 de novembro de 2015. O Concello acolleu a celebración do pleno extraordinario no que se procedeu ao sorteo para a composición das mesas electorais correspondentes aos comicios xerais do vindeiro 20 de decembro. As persoas que resultaron seleccionadas –a través dun programa informático e atendendo aos datos do INE-, recibirán nos vindeiros días no seu domicilio a pertinente notificación, que lles chegará desde o Concello.
Cada unha das corenta e sete mesas que se habilitarán no municipio naronés para poder votar o 20-D estará composta por nove persoas: un presidente, dous vocais e os suplentes de cada cargo.