O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓNS EN OBRADOIROS DE "INICIACIÓN Á LINGUA INGLESA" E "ESPAZOS DE EDUCACIÓN FAMILIAR" ENMARCADOS NO PROGRAMA MUNICIPAL DE EDUCACIÓN EXTRAESCOLAR PROMEDEX
Levaranse a cabo Obradoiros de iniciación á lingua inglesa para alumnado de Educación Infantil e alumnado de Educación primaria que terán lugar nos centros de ensino de Narón, e Espazos de Educación familiar en Centros cívicos sociais (para familias con escolares en centros de ensino de Narón) e na Escola Infantil Municipal de A Solaina (para familias das escolas infantís de Narón)
Narón, 25 de setembro de 2019. O Concello de Narón abre mañá xoves 26 de setembro o prazo para inscricións en novas actividades e obradoiros enmarcados no Programa Municipal de Educación Extraescolar PROMEDEX.
Levaranse a cabo Obradoiros de iniciación á lingua inglesa para alumnado de Educación Infantil e alumnado de Educación primaria. Nestes obradoiros, a través dunha metodoloxía lúdica, realizarase unha inmersión lingüística na lingua inglesa no caso da Educación infantil e, nos de Educación primaria, desenvolveranse conceptos en relación coa gramática, vocabulario e comprensión lectora. Estes obradoiros terán lugar nos centros de ensino de Narón de outubro de 2019 a maio de 2020.
Nos Espazos de educación familiar analizaranse as principais inquedanzas educativas coas que se atopan os diferentes membros da familia á hora de educar a fillos e fillas, proporcionándolles ferramentas educativas que permitan afrontar dificultades dunha maneira crítica e responsable. Desenvolveranse de outubro de 2019 a maio de 2020 en Centros cívicos sociais (para familias con escolares en centros de ensino de Narón) e a Escola Infantil Municipal de A Solaina (para familias das escolas infantís de Narón)
Para máis información consulta na Sede Electrónica da páxina Web do
Concello