Os concertos de ´Eladio y los seres queridos´ hoxe venres e ´Faltriqueira´ mañá sábado, comezarán ás 22.00 horas no entorno da magnolia centenaria de Xuvia
Narón, 7 de agosto de 2020. A concelleira de Festas, Natalia Hermida, recordou que a partir desta noite na actuación de “Eladio y los seres queridos” e ata o sábado na actuación de “Faltriqueira”, que darán comezo ás 22.00 h., se 15 minutos antes dos concertos a xente que teña entradas non accedeu ao recinto, se permitirá o paso de persoas interesadas que non poideran sacar as entradas.
A organización de Noites á Fresca, comprometida coa seguridade do público asistente e as persoas traballadoras, implantará no evento unha serie de medidas preventivas dirixidas a evitar posibles accidentes e a propagación da COVID19. Para logralo, a colaboración do público é esencial, polo que trasladamos unhas sinxelas normas a respectar para o seu coñecemento:
Existe un plan de continxencias e un equipo para a súa implantación no evento. Rogamos que siga as súas instrucións e respecte as sinais existentes no recinto.
No caso de manifestar síntomas compatibles coa COVID19 ou mantivera contacto con persoas que sospeiten ou sufran a enfermidade, non poderá acceder ao recinto do evento.
Atenda
No momento do acceso ao recinto, deberá desfacerse das luvas, no caso de que as porte, e hixienizar as mans co xel que porá a organización a súa disposición.
Tanto no exterior como no recinto, o uso da máscara é obrigatorio.
Unha vez no recinto, unha persoa responsable indicaralle o asento a ocupar.
Unha vez que ocupe o asento asignado, rogámoslle que reduza ao imprescindible a circulación polo recinto.
Debe portar ou deixar debaixo do seu asento as súas pertenzas persoais, evitando que as mesmas impidan a normal circulación do resto do público.
Ao remate da actuación, deberá utilizar a saída habilitada pola organización, que estará debidamente sinalizada, evitando manterse no recinto máis tempo do imprescindible.
Unha vez fora do recinto, rogámoslle que evite as aglomeracións.