Os escolares e patrocinadores do Programa de Educación Vial do Concello foron premiados.
Narón, 17 de Xuño de 2009.- Un ateigado Pazo da Cultura acolleu onte pola tarde a I Gala de Educación Vial do Concello de Narón, promovida polo equipo de Educación Vial deste municipio baixo a coordinación da Concellería de Seguridade Cidadá de Narón. O edil responsable desta delegación, Guillermo Sánchez Fojo, destacou a importancia do programa de Educación Vial que está a levar a cabo de xeito pionero Narón dende fai anos, e que neste curso escolar extendeuse a tódolos centros públicos e concertados do municipio.
Na I Gala de Educación Vial premiouse ós nenos/as que durante o ano levaron a cabo as actividades propostas no Programa de Educación Vial. O motivo con que xurde esta celebración é facer un recoñecemento ó traballo levado a cabo durante todo o curso escolar por parte de moitas persoas “que fixeron e fan posible que este proxecto siga adiante”, comentou o responsable de Educación Vial, Pedro Caneiro.
Ademáis dos premios, o programa da Gala de Educación Viaria incluíu a actuación da Banda Infantil da Escola de Música “Sementeira” de Narón, a Escola de Baile de Salón do Padroado de Cultura, o grupo de Capoeira do ANPA do CEIP Ponte de Xuvia, e o Coro Infantil (nenos/as de 3 a 5 anos) da ANPA do CEIP de A Gándara.
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, pechou onte o acto lembrando que Narón foi un concello pioneiro na posta en marcha deste programa de Educación Vial, e anunciou a continuidade do mesmo no tempo.