UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE TRES DÍAS DESTA SEMANA Á CIDADE
O vehículo estará mañá martes e o mércores xunto ao centro de saúde do Alto e na xornada do xoves 25 nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina
Narón, 22 de marzo de 2021. Unha das unidades móbiles da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase tres días desta semana a cidade. A primeira das xornadas nas que permanecerá operativa será mañá martes, cando se ubicará nas inmediacións do centro de saúde do Alto en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Nesa mesma ubicación e horario poderase tamén doar sangue este mércores, día 24.
Así mesmo, o xoves 25 o vehículo desprazarase ás inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, donde permanecerá entre as 15.30 e as 21.00 horas.
Dende ADOS recomendan ás persoas que acudan a doar sangue que reserven cita previamente chamando -de balde- ao número de teléfono 900 100 828. Ademais, recordan que antes de acudir á unidade móbil é preciso almorzar previamente e, no caso de xantar, esperar dúas horas antes de realizar a extracción. Antes de doar será preciso presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.