Están situados xunto ó local que ocupa a Asociación de Veciños
Narón, 19 de Maio de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e os concelleiros de Servizos Complementarios (Serafín González), Zona Rural (Angel Castro) e Servizos (Pablo Mauriz) visitaron hoxe a parroquia de Castro para inaugurar o novo espazo de xogo para nenos/as e adultos, situado xunto ó local da asociación de veciños.
Trátase dun parque infantil composto por varios elementos de xogo (tobogán, balancín, complios e xogos de muelle) e outro parque biosaludable, ambos con suelo de caucho e peche perimetral. A superficie total de ambos espazos públicos ronda os 180 metros cadrados, e o Concello investiu neles un total de 51.200 euros. Os traballos foron realizados pola empresa Embade.
O parque infantil conta coa homologación da Unión Europea, e o parque biosaludable inclúe catro máquinas para exercitar o corpo. Con este son xa seis os espazos deste tipo existentes no termo municipal de Narón (os outros parques biosaludables atópanse en Piñeiros, A Solaina, A Gándara, Praza de Galicia e Doso). En breve sumarase á lista o parque biosaludable que estase a ultimar en O Couto, e o Concello contempla a construcción doutros en Pedroso, Freixeiro e Xuvia.
Estas iniciativas responden “á idea do goberno municipal de ampliar as zonas verdes e os servizos de todo o termo municipal de Narón, tanto da zona urbana coma do rural”, declarou o Alcalde, Jose Manuel Blanco.