Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AO EQUIPO G4Z4F4NT4SM4S QUE PARTICIPARÁ NA FINAL NACIONAL DA FIRST LEGO LEAGUE
Marián Ferreiro e Ibán Santalla desexáronlles sorte na final nacional que se celebrará esta fin de semana en Alacante
Narón, 13 de marzo de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu na tarde de onte no Concello aos integrantes do equipo multidisciplinar Gazapo, de Narón, que gañaron recentemente a First Lego League Galicia. Ferreiro estivo acompañada na recepción polo edil de Deportes e Mocidade, Ibán Santalla, e felicitou novamente ao equipo G4Z4F4NT4SM4S, integrado por menores de Narón e outros concellos da comarca de entre 12 e 16 anos. Os premiados participaron na décima edición desta convocatoria, que tivo lugar o pasado 2 de marzo no Campus Industrial de Ferrol, e esta mesma fin de semana, concretamente o sábado, representarán a Galicia na final nacional, que se celebrará no edificio do Paraninfo e na Facultade de Dereito da Universidade de Alacante. Cara alí partirán este mesmo venres, confiando no traballo realizado en equipo e coa máxima ilusión para poder alzarse co premio, tal e como recoñeceron. O equipo da escola multidisciplinar Gazapo acadou o premio Ingeniería Soy ao Gañador. Os menores trouxeron o robot que realizaron e explicaron á alcaldesa e ao edil naronés o funcionamento do mesmo e contaron a súa experiencia no certame celebrado en Ferrol. A maiores, explicaron tamén a súa iniciativa Fotidiano, impulsada polo citado equipo e que ten entre os seus obxectivos impulsar que as persoas descubran a beleza da súa vida cotiá a través da fotografía. As persoas interesadas en coñecer esta proposta poden seguir a conta fotidiano.fll (en Instagram) e incluso participar enviando imaxes sobre temas que propoñen cada semana. A iniciativa desenvolverase durante catro meses, tal e como indicaron. Ferreiro e Santalla felicitaron ao equipo polo traballo realizado e tamén polas novas iniciativas que están desenvolvendo e animáronos a continuar na mesma liña. Tras entregarlles uns agasallos institucionais desexáronlles tamén moita sorte na final nacional e aseguraron que estarán moi pendientes do seu resultado, animándoos a que desfrutaran ao máximo desta nova experiencia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal