Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ DOUS DÍAS DA VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
O vehículo permanecerá operativo nas inmediacións do centro de saúde, tal e como indicaron dende ADOS
Narón, 14 de marzo de 2024. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro martes día 19 e o mércores 20 na cidade. O vehículo ubicarase nas inmediacións do novo centro de saúde. Na xornada do martes a unidade permanecerá operativa en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas, se ben o mércores, a maiores dese mesmo horario de tarde estará tamén operativa pola mañá, dende as 9:30 ata as 14:30 horas. Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. As persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal