Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRETO DE 400 PERSOAS INSCRIBÍRONSE NA CAMPAÑA "TI TES A CHAVE" PARA UTILIZAR O CONTENEDOR MARRÓN DE BIORRESIDUOS
O edil de Servizos, Manuel Ramos, informou que a carpa informativa estará o vindeiro luns na Gándara e na Solaina
Narón, 15 de marzo de 2024. Case 400 persoas están xa inscritas na campaña “Ti tes a chave”, impulsada dende o Concello para o uso do contenedor marrón, no que se depositan os biorresiduos. A carpa da campaña informativa, iniciada hai varios meses, estará operativa de novo a vindeira semana, o luns 18, na avenida Cataluña en horario de 10:30 a 13:30 e pola tarde nas inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, de 15:30 a 18:30 horas. Neste tempo, as persoas que estarán na carpa informando á cidadanía sobre a quinta fracción –contenedor marrón- entregarán tamén os kits de benvida –consistentes nun cubo, bolsas e a chave electrónica para abrir o contenedor para os 500 primeiros inscritos- ás persoas que desexen participar na campaña. O concelleiro de Servizos, Manuel Ramos, explicou que preto de 200 xa pasaron a recoller o kit de benvida e a chave electrónica. Na xornada do luns 25 deste mes a acción levarase a cabo no novo centro de saúde, dende as 10:30 ata as 13:30, e pola tarde no parque de Freixeiro, de 15:30 a 18:30 horas. “É fundamental a colaboración cidadá para poder implantar con éxito o contenedor marrón, polo que dende o Concello animamos ás veciñas e veciños interesados en participar na campaña a acudir a estes puntos informativos para solventar posibles dúbidas e inscribirse no caso de consideralo oportuno”, apuntou o edil naronés. As persoas que desexen participar nesta campaña poden inscribirse tamén na mesma a través dun formulario ao que acceder a través da dirección: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf8mEIf1eWInT4EmbXdfUJZkcYZZYH440Cr3Pu_XAyrsoatlw/viewform?pli=1. Así mesmo, a información correspondente a esta campaña e a ubicación dos contenedores, pódese consultar a través da web municipal, no enlace: https://naron.gal/web/cat/gal/materia-organica. Para obter máis información sobre a campaña e os seus requisitos pódese chamar ao número de teléfono 981 397 007 en horario de 10:00 a 14:00 ou escribir un correo electrónico á dirección: servizosbasicos@naron.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal