Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLE A EXPOSICIÓN "ANACOS", CON IMAXES DO FOTÓGRAFO FERNANDO GONZÁLEZ PÉREZ
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, visitou a mostra, formada por unha vintena de imaxes
Narón, 15 de marzo de 2024. A planta soto da Biblioteca municipal acolle ata o vindeiro 6 de abril a exposición “Anacos”, unha colección de fotografías de Fernando González Pérez. A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, visitou a mostra, destacando o traballo do autor das imaxes, un apaixoado da fotografía cunha dilatada e exitosa traxectoria, que conta con numerosos recoñecementos. A exposición consta de 25 fotos impresas en diferentes tamaños nas que se poden ver miradas persoais do autor de diferentes espazos naturais. González Pérez é membro do Club de Fotografía Ferrolterra, onde comparte a súa paixón con outros entusiastas. Nado na estrada e actualmente residente en Valdoviño, Fernando González realizou numerosos cursos, tutoriais e estudou de xeito particular libros de fotografía co obxectivo de perfeccionar a súa arte. No ano 2023 obtivo o primeiro premio nun certame de fotografía convocado polo Concello da Capela e no “Primeiro memorial de fotografía de Carlos Caraglia” compartiu recoñecemento con renomeados fotógrafos internacionais. A mostra pode visitarse de luns a venres entre as 17:00 e as 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal