Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO INFANTIL "NUBES, TORMENTAS E ARCOS DA VELLA"
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que se trata dunha proposta dirixida a menores a partir de 4 anos
Narón, 18 de marzo de 2024. A Biblioteca municipal acollerá este sábado, día 23, un obradoiro, “Nubes, tormentas e arcos da vella”, organizado con motivo do Día Meteorolóxico Mundial. A proposta diríxese a menores a partir de 4 anos que poderán inscribirse a partir de mañá martes, ás 16:00 horas, de maneira presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, explicou que se trata dunha proposta lúdica que dará comezo ás 11:00 horas e na que se explicará que é a meteoroloxía, cales son os fenómenos meteorolóxicos máis común… e tamén se abordarán temas como as causas e consecuencias do cambio climático e accións que se poden levar a cabo para tratar de frealo. Para desenvolver este obradoiro as nenas e nenos convertiranse en “mulleres e homes do tempo”, para dar a predición meteorolóxica e tamén terán a oportunidade de facer algún experimento coas nubes e o vento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal