Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA ADQUIRIR AS ENTRADAS DA ZONA CAMPER DO GULLIVER FEST
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron hoxe o evento xunto con Ángel Sánchez e Martín Vázquez, da Asociación FurgoGalicia
Narón, 16 de abril de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Turismo, Natalia Hermida, presentaron hoxe xunto con Ángel Sánchez e Martín Vázquez, da Asociación FurgoGalicia, unha nova edición, a quinta, do festival da cultura viaxeira Gulliver Fest. O evento celebrarase os días 9, 10 e 11 de agosto na zona da área recreativa de Pedroso e as entradas para a zona camper e glamping poden reservarse dende hoxe a través da web: furgogalicia.org. O Concello e FurgoGalicia organizan un ano máis este evento, que cada ano reúne en Pedroso a centos de persoas chegadas de varias comunidades que veñen a Narón a desfrutar do festival e coñecer os diversos recursos turísticos da cidade. Concertos, obradoiros, actividades deportivas, un espazo de lectura e as xa habituais e exitosas charlas viaxeiras, nas que se coñecen en primeira persoa as vivencias e historias de persoas que viaxan polo mundo nas súas furgonetas. As tarifas establecidas tanto para as furgonetas, caravanas… así como para a zona glamping teñen uns prezos que oscilarán segundo a tempada, establecéndose os máis baixos para aquelas persoas que os adquiran os tickets do 15 de abril ao 15 de xuño, con lixeiros incrementos posteriormente. Dende a organización animaron á veciñanza asitir a esta nova edición, cuxo programa se dará a coñecer nunhas semanas e que se publicará tamén na web: www.gulliverfest.es e a desfrutar da cultura viaxeira.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal