Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E AGA FERROLTERRA ORGANIZARON CHARLAS SOBRE A AVESPA ASIÁTICA NO VAL E EN PEDROSO
As convocatorias, tal e como avanzou o edil de Medio Ambiente, Manuel Ramos, están abertas á cidadanía en xeral
Narón, 18 de abril de 2024. A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Narón organizan unhas charlas dirixidas á veciñanza sobre a campaña “Stop avespa asiática”. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, que avanzou que unha das convocatorias terá lugar este sábado, día 20, no local social da AVV Os Irmandiños, na parroquia do Val, ás 11:30 horas. A vindeira sesión terá lugar o mércores da vindeira semana, día 24, no local social da Sociedade Cultural Deportiva A Pombiña, en Pedroso, ás 19:30 horas. As convocatorias, baixo o lema “Raíña cazada, niño evitado”, complementan ás sesións que se levan a cabo nos centros de ensino da cidade para explicar a importancia de colocar trampas cerca das vivendas para capturar ás raíñas e evitar a proliferación desta especie invasora. Así mesmo, profesionais de AGA explicarán cal é o mellor método para capturalas e como realizar unha trampa e un atraínte para as avespas asiáticas.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal