Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOMETE UN PLAN INTEGRAL QUE CONTEMPLA MELLORAS NO FIRME DE VARIOS PARQUES INFANTÍS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras, Pablo Mauriz, visitaron o parque de Bimbieiro, incluído no proxecto
Narón, 23 de abril de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras e Urbanismo, Pablo Mauriz, desprazáronse ao parque de Bimbieiro, na parroquia de Freixeiro, con motivo do remate das obras de reposición do caucho no parque infantil. A actuación enmárcase, tal e como explicou a alcaldesa, nun proxecto municipal que se licitou en 102.309 euros e que se está executando na actualidade, co fin de mellorar varias zonas de xogo infantís. A substitución do pavimento actual dalgúns parques da zona urbana da cidade é o obxectivo deste proxecto, que forma parte dun plan integral de mellora de diferentes espazos municipais, entre eles os parques infantís e biosaudables. A maiores das obras xa executadas no parque de Bimbieiro, tamén se contemplan con cargo a este proxecto as dos parques ubicados no interior dos recintos dos colexios da Solaina e Ponte de Xuvia e os ubicados na rúa 25 de novembro, rúa río Mandeo, e o parque Segura Torrella, nos que se reporá o pavimento de caucho. “Trátase de equipamentos que teñen nalgúns casos ata dez anos de antigüidade e que precisaban dunhas tarefas de mantemento para o seu uso nas mellores condicións posibles para as usuarias e usuarios, ao estar deteriorado o firme por tratarse de instalacións moi utilizadas pola veciñanza”, destacou Ferreiro. A rexedora local explicou que o procedemento a seguir nestes traballos pasa por retirar o antigo pavimento de losetas que tiñan e substituílo por un pavimento continuo de caucho de diferentes cores e con acabados amortiguadores, “o que dotará de maior calidade estas infraestruturas municipais, punto de encontro da cidadanía”. A rexedora local avanzou que o obxectivo dos vindeiros anos é “continuar apostando por manter este tipo de equipamentos nas mellores condicións de seguridade”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal