Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A DOCUMENTACIÓN DO PXOM PODERÁ CONSULTARSE DENDE MAÑÁ NO CONCELLO E O VINDEIRO LUNS COMEZARÁN AS XORNADAS INFORMATIVAS NOS BARRIOS E PARROQUIAS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou que o documento permitirá marcar as liñas básicas de crecemento do Narón do futuro
Narón, 15 de maio de 2024. O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe o anuncio de información pública da aprobación inicial do documento de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que saíu adiante coa unanimidade da corporación local no pleno celebrado o pasado mes de abril. O documento permanecerá dous meses a exposición pública, periodo no que se poderán formular alegacións ao mesmo e, co fin de informar, dende o goberno local programáronse xornadas de atención ao público, que se sucederán nos locais sociais de cada barrio e parroquia. A primeira das convocatorias terá lugar o vindeiro luns, día 20, ás 19:00 horas no centro cívico social do Paraxe, en Nelle (Castro). En cada unha das convocatorias estarán presentes o edil de Urbanismo, Pablo Mauriz, e persoal do equipo redactor do PXOM, co fin de aclarar posibles dúbidas á veciñanza. A segunda das xornadas programadas terá lugar no barrio da Gándara, o día 22, á que seguirán este mes as de Pedroso, o día 24; Freixeiro o 27; e O Val. No mes de xuño serán o día 3 en Doso; o 5 en Piñeiros; en San Mateo, o día 7; Santa Icía, o 10; San Xiao, o 12; o de Xuvia, o 14; en Sedes o 17, o día 19 o do Couto, e o 21 no Alto todos eles nos seus respectivos locais sociais. A documentación que se somete a información pública, tal e como consta no DOG, abarca todos os documentos que integran o expediente tramitado, incluídos o resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico. A documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse no xeoportal do Concello de Narón e presencialmente -a partir de mañá- na terceira planta do Concello os luns, martes, xoves e venres sen cita previa entre as 10:00 e as 13:30 horas con persoal funcionario. Os mércores o equipo redactor atenderá na terceira planta de 10:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 18:30 horas, e os luns e venres de 15:30 a 18:30 horas, con cita previa, que se poderá solicitar no teléfono : 981 337 700 (extensións 1602 e 1610) ou mediante un correo electrónico á dirección: edificabilidade@naron.gal. As alegacións ao documento poderán presentarse mediante calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As persoas interesadas en formulalas disporán dun modelo de alegación na Sede Electrónica e no rexistro do Concello de Narón. “O documento reemplazará ao actualmente en vigor, do ano 2002, e permitirá marcar as liñas básicas de crecemento do Narón do futuro, unha cidade máis accesible, con mellor comunicación entre barrios, máis zonas verdes, espazos reservados a vivenda protexida e, en definitiva, unha cidade máis sostible e con mellor calidade de vida para as veciñas e veciños tanto da zona urbana como da rural”, destacou Ferreiro.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal