Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Entroido gastronómico
 

Estimados amigos e amigas,

En calidade de concelleiro de Promoción Económica do Concello de Narón, quero confirmarvos que a concellaría que dirixo vai desenvolver unha terceira actividade incluída dentro do Programa "Narón Gastronómico", encamiñada á dinamización do sector da hostalería e á promoción da gastronomía local.

Logo da exitosa experiencia das anteriores accións, unha delas baixo o epígrafe "Entroido 2013", e outra coa denominación "Horta de Narón 2013", diríxome a vós como responsables dos establecementos de hostalería, tanto aos que vos adheristes ás anteriores accións coma aos que o faredes nesta ocasión, para animarvos a participar de forma activa.

A nova actividade realizarase do 27 de febreiro ao 5 de marzo, baixo o epígrafe "Entroido 2014" e incluirá un concurso de tapas entre os establecementos participantes que preparen tapas doces ou salgadas, con produtos propios do entroido. Estableceranse 4 premios: un de votación popular e tres de votación por un xurado profesional, ademais de sortear 5 ceas entre os clientes dos locais participantes nesta edición que emitan o seu voto.

Esta nova edición do Narón Gastronómico agardamos que sirva de revulsivo de cara ao consumo nos vosos establecementos e suporá unha importante promoción do sector, tanto no propio concello de Narón coma no resto da comarca, xa que para a súa divulgación editarase abundante material informativo, folletos, cartelería e farase publicidade en medios online e offline, como xa puidestes comprobar en edicións anteriores.

Para contar coa vosa participación na posta en marcha deste concurso gastronómico, a concellaría pon á vosa disposición distintas canles a través das cales podedes facer chegar as vosas dúbidas ou directamente adherirvos á acción. Son o teléfono 981 337 700 (Ext. 1204) e o correo electrónico narongastronomico@naron.es onde vos explicaremos polo miúdo a mecánica da campaña. Se preferides achegarvos ao Concello e facer as vosas aportacións en primeira persoa, xa sabedes que estou á vosa disposición os mércores, en horario de 11 a 13 h, no 4o andar. O prazo para apuntarvos como participantes nesta acción comeza o día 11 e remata o martes 18.

Agradecendo unha vez máis a vosa colaboración, recibide un cordial saúdo

Pablo Villamar
Concelleiro de Promoción Económica

Documentos
Bases concurso Entroido Narón Gastronómico Tamaño: 48.6 KB Descarga
Folleto Tamaño: 1.8 Mb Descarga

Imágenes
Cartel concurso Entroido Narón Gastronómico Tamaño: 1.96 Mb Descarga

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal