Concello de Narón
Galego
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Bienvenida
 

Narón é un concello que conta con historia propia, cunha identidade que o fai singular, e que nos une a todos os que nacimos, vivimos e convivimos en Narón. Somos unha realidade social emerxente. Proba delo é que nas últimas décadas témonos convertido no motor industrial da Terra de Trasancos, no mascarón de proa da diversificación económica desta comarca. Con máis de 40.000 habitantes, Narón é hoxe a cuarta cidade da provincia coruñesa, e o oitavo concello de Galicia, un dos municipios Galegos que experimenta un maior crecemento poboacional.

Nos últimos vintecinco anos, Narón se ten convertido nun concello próspero, xerando emprego e riqueza para todos, xerando servicios e benestar para os nosos veciños e veciñas. Froito dese proceso de crecemento Narón transformouse nun concello acolledor, e por iso son moitas as novas familias que se asentan neste municipio para botar raíces aquí.

Narón é unha realidade diversa, conformada polo seu patrimonio natural e histórico, a súa paisaxe, a súa cultura, e sobre todo as súas xentes, a súa sociedade civil. Esa é a gran riqueza deste concello. Contamos con tódalas ferramentas necesarias para facer unha cidade nova e puxante, con parques empresariais, infraestructuras, zonas verdes e servicios, entre eles a futura administración electrónica.

Dende estas liñas quero aproveitar para saudar a tódolos naroneses e naronesas, e comprometerme a seguir mellorando a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Convídovos tamén a empregar tódalas posibilidades que Internet ofrece, coma a nosa páxina web onde iremos ofrecendo tódala información de interese para os habitantes de Narón.


<<< 2017 >>>

LMMJVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal