O Concello de Narón dispón dun Servizo de Normalización Lingüística, indispensable no proceso de recuperación e dinamización da lingua galega. O obxectivo principal deste departamento pasa por incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal.
Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos. Entre as funcións que desenvolve atópanse as de dinamización, asesoramento e formación lingüística.
Este servizo foi creado a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña denominado “Programa de cooperación cos concellos da provincia da Coruña, para a creación ou mantemento dos servizos de normalización lingüística, anualidades 2009-2011”. Ademais, o Servizo de Normalización Lingüística tivo unha achega económica da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) mediante o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a FEGAMP para a realización de actividades en materia de normalización lingüística nas entidades locais de Galicia durante o ano 2009.
Se tes algunha dúbida sobre o funcionamento deste servizo ou desexas obter información adicional podes poñerte en contacto co SNL a través deste mail: a.pita@naron.es; ou ben por teléfono nos seguintes números: 981 33 77 00 (extensión 1516)- 607223794; ou dirixirte persoalmente á Casa do Concello (5ª planta). Preguntar por Adela.
|