O Nadal é un tempo de xuntanzas familiares, de desexos, de promesas, de ilusións, de soños, de brindes e, como non, de felicitacións. Cando se achegan estas datas tan sinaladas sempre buscamos unha forma orixinal, entrañable ou sorprendente de desexar un bo Nadal á familia e ás amizades, sobre todo aos que non temos preto.
Ata hai ben pouco era tradición enviar unha postal, chamar por teléfono ou enviar unha sms aos nosos seres queridos para felicitarlles as festas e a entrada no novo ano. Hoxe en día, coa chegada das novas tecnoloxías moit@s optamos polas postais electrónicas a través do e-mail ou, sobre todo, as apps e as redes sociais para mostrarlles o noso cariño.
Sexa cal sexa a opción que elixades, dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón animámosvos a tod@s a que felicitedes o Nadal en galego e se non vos sentides segur@s e preferides que lles botemos un ollo aos vosos textos de felicitación, podedes envialos ao correo a.pita@naron.es para que os revisemos.
Mercedes Taibo Rey
Concelleira de Ensino
Aquí vos deixamos varias postais para que escollades a que máis vos guste:
|