Observacións: Ante as numerosas cuestións plantexadas polas empresas interesadas nesta licitación, debemos aclarar que o prego de condicións que rexe esta contratación unicamente contempla criterios avaliables mediante cifras ou porcentaxes, polo que non é necesaria a presentación do sobre B.
Visto que nos pregos de condicións e nos anuncios de licitación se establece como prezo de licitación o de 46.000,00 euros IVE incluído, e visto que o artigo 20.1 9º da Lei 37/1992, de 28 de decembro do IVE establece que a actividade de formación está exenta do IVE, deberase entender como prezo de licitación o presuposto total de contrato de 46.000,00 euros anuais.
O luns 9 de setembro de 2013 ás 11:30 horas reunirase a Mesa de Contratación para proceder á apertura pública do sobre denominado "Criterios avaliables en cifras ou porcentaxes" no segundo andar da Casa do Concello
ADXUDICATARIO: GESTIÓN Y ASISTENCIA TÉCNICA DE FORMACIÓN SL
IMPORTE ADXUDICACIÓN: 41.720,00 EUROS
DATA ADXUDICACIÓN: 29/01/2014
DATA FORMALIZACIÓN CONTRATO: 31/01/2014 |