|
 |
Como Chegar |
|
|
Por estrada: é o principal acceso a Narón. Na actualidade a autoestrada
AP-9 Ferrol-Narón-Madrid ten enlaces cos núcleos urbanos de Freixeiro, A Gándara e O Ponto (Xuvia), e co Polígono Industrial Río do Pozo a través de vías de alta capacidade. Estes ramais da autoestrada conectan tamén aos núcleos urbanos entre si. A autovía A-64, Ferrol-As Pontes-Vilalba, posúe tres accesos no termo municipal en Sedes, Castro e o Polígono Industrial Río do Pozo. A estas hai que engadir unha extensa rede de estradas, a Estrada de Castela que nos seus seis quilómetros e medio atravesa o núcleo urbano do Concello ata chegar a Ferrol e as estradas autonómicas Ferrol-Cedeira e Ferrol-Ribadeo. Varias liñas de autobuses comunican o termo municipal cos concellos limítrofes.
|  |
Por tren: o ferrocarril Ferrol-Xixón, de FEVE, é unha boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no referente ás viaxes de proximidades, xa que os oito apeadeiros existentes no concello achegan as áreas rurais á zona urbana. Aínda que tamén discorre superficialmente polo municipio, a liña Ferrol-Madrid
(RENFE) non ten estación en Narón, de xeito que cómpre desprazarse aos concellos limítrofes de Ferrol ou Neda para coller este tren.
|  |
Por aire: en canto ao transporte aéreo, hai que mencionar a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago, a menos dunha hora de viaxe por autoestrada/estrada desde Narón. Esta situación converte esta opción nunha forma de desprazamento moi interesante para aqueles que viaxen ata o concello desde lonxe.
|
Distancias quilométricas dende Narón a outras localidades galegas Localidade | Distancia (Km) | A Coruña | 54 | Ares | 20 | As Pontes de García Rodriguez | 32 | Betanzos | 40 | Cedeira | 29 | Ferrol | 5 | Fisterra | 154 | Lugo | 98 | Miño | 27 | Monfero | 39 | Mugardos | 21 | Neda | 4 | Ourense | 180 | Ortigueira | 43 | Pontevedra | 153 | Pontedeume | 20 | San Andrés De Teixido | 40 | San Sadurniño | 12 | Santiago De Compostela | 95 | Tui | 203 | Valdoviño | 8 | Vigo | 190 | Vilalba | 60 | Vilarrube | 19 | Viveiro | 78 |
Distancias quilométricas dende Narón ás capitais do resto de Comunidades Autónomas Comunidade | Cidade | Distancia (Km) | Andalucía | Sevilla | 933 | Aragón | Zaragoza | 819 | Asturias | Oviedo | 326 | Cantabria | Santander | 534 | Castela la Mancha | Toledo | 661 | Castela León | León | 320 | Cataluña | Barcelona | 1104 | Estremadura | Mérida | 789 | Illas Baleares | Palma | 1390 | Illas Canarias | As Palmas | 2601 | Illas Canarias | Tenerife | 2495 | A Rioxa | Logroño | 635 | Madrid | Madrid | 595 | Murcia | Murcia | 996 | País Vasco | Vitoria | 617 | Navarra | Pamplona | 725 | Valenciana | Valencia | 947 | Ceuta | Ceuta | 1270 | Melilla | Melilla | 1340 |
|
|
<<< Xaneiro 2021 >>>
L | M | M | X | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
|