|
 |
Feiras e Mercados |
|
Oenach Céltico | Actividade:
Mercado celta que recrea un "Oenach", espazo que as tribos celtas utilizaban na Idade do Ferro para establecer alianzas militares, operacións mercantís e matrimonios.
A organización instala un mercado de artesáns con postos de:
- Cerámica
- Gando
- Comida da época
- ...
Todo iso amenizado con representacións teatrais, que tratan de mostrar como
era a vida na época celta e exhibicións de deportes rurais propios de
Galicia e Euskadi (demostracións de pulsos ártabros, corte de troncos con
machado, serrados con tronzador, lanzamentos de pedras e carreiras con peso.
Ideal para "revivir" a época celta e gozar nun contorno propio da
antigüidade. Desde o ano 2014 está declarada Festa de Interese Turístico de
Galicia pola Xunta de Galicia.
Data de celebración: última fin de semana de Xullo Lugar de celebración: Sedes Periodicidade: Anual |
Feira do cabalo do Trece | Actividade: Gran oferta de gando cabalar ( Cabalos, eguas, poldros... ).
Produtos alimentación da zona ( Queixos, pan, chourizos... ).
Produtos agrícolas da comarca.
Apeiros da labranza.
Data de celebración: 13 de Abril de 9:00 a 15:00 horas. Lugar de celebración: Recinto Feiral do Trece (Sedes) Periodicidade: Anual |
Feira da Artesanía Popular Galega de Narón | Actividade: Artesanía popular galega.
Artesanía do campo (zocas, cestos de vimbio, produtos de barro...).
Expositores de produtos e demostracións in situ (como se fai unha zoca, un cesto...).
Apeiros de labranza.
Produtos de alimentación da zona (queixos, pan, chourizos, empanadas...).
Data de celebración: mes de Xullo (data variable) de 9:00 a 15:00 horas Lugar de celebración: A Solaina (zona do feirón) Periodicidade: Anual |
Feira O Trece | Actividade:
Gando vacún, bovino, avícola, cabalar...
Produtos alimentación da zona ( Queixos, empanada, empanada de raia...).
Artesanía popular (zocas, cestos de vimbio, téxtil..).
Data de celebración: O día 13 e o último domingo de cada mes Lugar de celebración: Recinto Feiral do Trece (Sedes). Periodicidade: Quincenal |
Feirón da Solaina | Actividade:
Produtos alimentarios (Queixo, pan, produtos cárnicos, polbeiras...).
Produtos agrícolas.
Téxtil e calzado.
Data de celebración: Primeiro domingo de mes de 9:00 a 15:00 horas Lugar de celebración: A Solaina. Periodicidade: Mensual |
Feira das aves vistosas e de curral | Actividade:
Gando avícola (faisáns, ocas, galiñas, galos, aves exóticas...)
Data de celebración: Mes de decembro (data variable) de 9:00 a 15:00 horas Lugar de celebración: Recinto Feiral do Trece (Sedes) Periodicidade: Anual |
|
|
Degustación de pescado ahumado no Oenach Céltico
|
 |
|
|
Actividades tradicionais celtas no Oenach Céltico
|
 |
|
|
Feira canina na Feira de O Trece (Sedes)
|
 |
|
|
|
|
<<< Xu�o 2022 >>>
L | M | M | X | V | S | D |
| 1 | | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | | 17 | 18 | 19 | 20 | | 22 | | 24 | 25 | 26 | | 28 | 29 | | |
|