Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

10º EDAD MODERNA: SÉCULOS XVI-XVIII

No século XVI, vinculadas a unha serie de casas tradicionais, en torno ás freguesías do noso concello fórmanse unha serie de cotos e xurisdicións de novo cuño.

Xurisdición de D. Antonio de Castro Castro con 30 veciños era cabeza do coto chamado de Trasancos (tomando o nome da vella terra á que pertencen os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño e San Sadurniño) que comprendía Lago, Sequeiro, Valdetires, Meirás, Taraza, Aviño e Atios.

Dependía da Villa de Ferrol daquela ao IV conde de Lemos e marqués de Sarria don Pedro Ruiz de Castro e Andrade e dona Leonor da Cueva e Girón a freguesía de S. Xiao de Narón que contaba asemade con 29 veciños.

O único coto de San Mateo de Trasancos dividíase en tres señoríos. Repartíano entre o marqués de Sarria que contaba con 15 vasalos, Juan de Piñeiro con 12 vasalos, e María de Andrade con 15 vasalos.

O Val en cambio, unha única parroquia estaba dividida en catro señoríos, cada un, un coto xurisdicional: o coto do Conde de Lemos, o de Juan Pita de Veiga, o de Isabel de Lago e o de Juan Freire de Andrade.

Todo o poboado do coto de Pedroso, que comprendía catro parroquias: Pedroso con 54 veciños, Sedes con 60, Sta. Mariña do Monte con 41 e polos roubos víronse un pouco despoxados das súas terras por esta fidalguía.

Agora xa non obterían terras por contrato foral na Terra de Trasancos os campesiños xa que esta tomaríase por un arrendo curto de 6 ou 8 anos, sistema este que durante a Idade Moderna como unha peste estendería a precariedade e a miseria por toda a comarca. Con todo nalgunhas freguesías (O Val) os pequenos propietarios mantéñense aínda.

Tras douscentos anos de invernizo, a mediados do século XVIII as freguesías que hoxe conforman o Concello de Narón e o mosteiro de Xuvia recobraron no contexto da comarca un vello vigor e desenvolven un papel moi activo económico e cultural.

No mosteiro de S. Martiño de Xuvia, aproveitando a creación da poboación ferrolá da Magdalena en boa medida sobre terras do priorado, unha serie de priores ilustrados de valía excepcional comezaron a aforar de novo, esta vez soares destinados á construción das novas vivendas -feito este excepcional dada a xeneralización mencionada do arrendo curto nos contratos agrícolas- a particulares, logrando deste modo en virtude do laudemio (unha cláusula que grava cun dez por cento a transmisión dun ben aforado cos perfectos -é dicir o soar e a casa feita nel-), en poucas transmisións, facerse co valor do construído e incluso sobrepasalo varias veces.

Así fixo tamén unha fortuna co barrio de Esteiro D. José María Bermúdez de Mandiá, Pardiñas e Villar de Francos, Sr. de Xuvia, Caranza, Santa Icía, do pazo da Casa do Monte, un dos maiores terratenentes de Trasancos -xunto ao Conde de Lemos e Andrade- aforando soares.

Frei Felipe Colmenero prior de Xuvia e o Sr. Bermúdez, sr. xurisdicional do coto xurisdicional do mesmo nome, foron dous homes excepcionais ambos, aínda que nunca chegaron a entenderse e durante longo tempo preitearon entre si. A frei Felipe Colmenero debémoslle dúas obras históricas que deron gran fama ao noso priorado e contribuíron á divulgación do seu pasado, "Xuvia" e "Discurso Histórico", son estes os primeiros estudos da Terra de Trasancos factográficos, é dicir, baseados na lectura directa das fontes, que se coñecen.

Sabemos que o Sr. Bermúdez de Mandiá, por ter este o costume de especificar nos contratos de arrendo da súa casa os cultivos aos que deben ser destinadas as leiras arrendadas, que é un dos primeiros que introduce nelas, a finais do s. XVIII, a pataca americana.

Por este tempo varios franceses, establecidos en Xuvia e Ferrol, Lestache, Lembeye, Bucan, Beujardin, Dufoire, aproveitando a conxuntura económica ( a instalación dos Reais Arsenais de Esteiro en terras que foran do mosteiro de Pedroso entre 1751 e 1770) e a forte demanda de pan das novas poboacións da Magdalena e Esteiro (a crise de subsistencia da década de 1780) crearon en varias freguesías do Concello de Narón unha rede de complexos fabrís industriais principalmente para a obtención de diferentes tipos de fariñas, pero tamén para, moendo trapos, obter pasta para a súa fábrica de papel de estraza e común, e para triturar pedra que eran usadas como abrasivo nas súas fábricas de curtidos. Todo isto xunto coa infraestrutura necesaria ("tres embarcacións de exorbitante valor") para o transporte de gran dende os portos de Santander, Báltico (Prusia e Rusia), Arxentina, Estados Unidos (Philadelfia) e Canadá.

A importancia destes muíños "de nova invención" inseridos no contexto dunha verdadeira revolución industrial, engádese o feito de que coa súa maquinaria e almacéns algúns deles consérvanse aínda en Narón en estado de uso.

O valor medio de só un de eles "un millón dez mil reais, nos que non se incluían outros varios e distintos edificios" e a enorme capacidade de trituración para a época: 70.000 fanegas de trigo anuais, ilustran a magnitude desta industria.

Catro muíños na Xuvia de Narón, o maior muíño de mareas galego no estuario de Ponte, onde antes houbera unhas aceas desaparecidas no século XVII -único que foi Real Fábrica- consérvase aínda coa máquina en bo estado; os formais de dous muíños de vento e os seus edificios anexos (S. Mateo e Xuvia); o espléndido muíño de cubeta e turbina dos Amenadás, que continúa moendo hoxe en día, e outros restos, o muíño de Polaina, Gradaille, etc., configuran a paisaxe dun inmobiliario arqueolóxico industrial ao que habería que engadir as mencionadas fábricas (de iniciativa local) de curtidos e pedra de finais do século XVIII.

Volver

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal