Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

11º SÉCULOS XIX y XX

Coa orixe nas Cortes de Cádiz uns efémeros concellos creáronse no 1820 coa base territorial das antigas xurisdicións. Foron estes TRASANCOS, formados polas parroquias de Castro, Valdoviño, Aviño, Atios, Sequeiro, Lago, Lourido, Meirás, Valdetires e Taraza; PEDROSO, integrado polas freguesías de Pedroso, Doso e Monte (Sta. Mariña); XUVIA ; SAN MATEO; O VAL; SEDES e NARÓN. Estes concellos nunca chegarían a funcionar e haberá que agardar ao 1837 para que comece a andadura na casa de Pena de Embade o Concello de Narón que contaba no momento da súa constitución con 5.018 habitantes.

Pouco despois prodúcese a desamortización. A Casa do Monte, os maiores latifundistas da Terra de Trasancos, xefes do partido liberal, foron os impulsores da posta en marcha e libre circulación dos bens do priorado de Xuvia (especialmente entre 1836-1841) en contexto coa desvinculación de morgados,e a perda dos décimos da igrexa. Freguesías como O Val que presentaban a mediados do s. XVIII un mosaico de modestos propietarios (Catastro do Marqués) inverten no século seguinte a situación polo despoxo usuario que "contra" en poucas mans a terra. Os campesiños, sen futuro, vense obrigados a emigrar.A masiva compra de títulos de terras polos que xa de maneira efectiva as tiñan foi acompañada por un endebedamento e deterioro progresivo dos campesiños desaparecendo incluso a pequena propiedade.

A enorme masa de terras compradas pola Casa do Monte, en sinerxía coa baixada das rendas agrícolas, a falta de man de obra e o incremento dos gastos suntuarios dos terratenentes que marchan ás cidades provocan o endebedamento dos herdeiros da fidalguía que coa abolición do vínculo porán en circulación as súas terras cando a entrada de capital da emigración ao longo do s.XIX e principios do XX, permite aos campesiños comprar as terras aos antigos señores forzados agora, ao non ter quen as queira traballar, a vendelas masivamente para manter o tren de vida.

Xunto ao sistema de propiedade da terra tamén a industria do Concello de Narón se renova totalmente a mediados do século XIX, orientada á exportación, concéntrase na marxe dereita do río (laminados de cobre e teares) utilizándose a maquinaria de vapor.

A principios do século XX o Concello de Narón estaba controlado por caciques parroquiais que se viñan sucedendo de pais a fillos no control dos cargos municipais mediante favores. Pero as cousas comezaban a cambiar. O día de Santa Lucía, 13 de marzo de 1918, as traballadoras da fábrica de fiados de algodón de Xuvia protestaban polos perigos do traballo, desamparo laboral e baixos soldos ás portas da fábrica vixiadas pola Garda Civil, ese día celebrábase tamén en Sedes a maior feira anual de gando da Terra de Trasancos: Santa Lucía, con gran concorrencia de campesiños. A publicación polo Concello das listas de reparticións da contribución dos consumos provocaron protestas pola súa arbitrariedade. Esta era tal que se permitía que un atesourado concelleiro, José Pazos Freire, comerciante de ultramarinos, cartería e estanco pagara ese ano 1,92 pesetas de contribución mentres que un humilde campesiño, Ramón López Pita pagara polo mesmo 110 pesetas; a protesta estoupou nunha tenda propiedade dun concelleiro. As balas da Garda Civil mataron a seis campesiños, sendo detidos moitos. Ferrol, a expensas do mundo rural tradicional, e os traballadores da industria de construción naval non pasaron estes feitos en silencio e convocaron unha gran manifestación que, a pé, se encamiñou dende Ferrol ao campo da Feira de "O 13". A revista "Nós" denunciárao tamén. Os campesiños naroneses aprenderon a lección, promovendo un asociacionismo, destinado a ter continuidade, os sindicatos socialistas campesiños da U. G. T. promoverían durante a Segunda República moitas reformas en todo os sensos, sendo por iso, a partir do 24 de xuño do ano 36, moi perseguidos, con especial violencia en S Mateo, pero sentaron as bases do cooperativismo e movementos asociativos da actualidade. A historia actual de Narón: crecemento dos barrios, educación, urbanismo, movemento asociativo e cultural, etc. estámola levando a cabo todo os veciños.

Volver

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal