BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS
DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.
2º PROTOHISTORIA. OS CELTAS DA IDADE DE FERRO OU A "CULTURA CASTREXA".
Ocupa a metade dun segmento temporal que convencionalmente se denomina erroneamente Cultura Castrexa pola característica forma de asentamento, común a toda a Europa Atlántica deste período, en fortificacións ben defendidas que albergaban no seu recinto a toda a poboación dun lugar chamadas en latín castella (castelos) ou castros. En realidade a cultura á que pertencen este tipo de asentamentos é Celta de tipo Atlántico.
Esta forma de "hábitat" esténdese dende antes do 600 a.C. ultrapasando en ocasións o 500 d.C., máis de mil anos nos que se desenvolve e transforma no material, as ideas, as crenzas e a organización política herdada do pasado e nos que pervive a sociedade moi xerarquizada, cabaleiresca antes mencionada organizada no marco de territorios políticos ou comarcas chamadas Trebas, territorios sen vida urbana, compostos por unha sucesión de castros ou aldeas fortificadas que se coñecerían sucesivamente como populi, civitates, respublicae e territoria, comprensivas de moitos castros, cada unha á fronte dun corono/princeps ou señor territorial.
Neste contexto a Terra de Trasancos, "os que queiman o monte para cultivar" funcionou durante este período como un Territorio Político autónomo ao igual que as terras e comarcas veciñas dos Lapatiancos (Terra de Labacengos) e os Arrotrebas (Terra de Arrós) citadas polas fontes clásicas.
A terra e comarca de Trasancos extendese polos
concellos de Ferrol, Narón, San Sadurniño, Valdoviño
y Neda.
|