Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

3º DOMINACIÓN ROMANA

Como sucede en toda a Europa Celta, os castros tanto na Idade de Ferro como na dominación romana estiveron en mans de casas ( domi ) ou clans nobiliares á fronte de señores ( domini ) que exercían a xurisdición ( dominium ) sobre un amplo espazo demarcado (territorio segmentado autárquico ou xurisdicional) en torno a estes castros. Na Terra de Trasancos coñecemos polo menos 58 asentamentos deste tipo, 13 deles estiveron repartidos polas freguesías do Concello de Narón, que conserva 9 na actualidade, entre os que destacan: Eiravedra (Sedes), o castro máis fermoso e máis visible do Concello; o castro de Vilasuso (O Val) nun contexto rico en folclore, e o castro de Pereiruga, prominente e esgrevio sobre o val de Pedroso, como se desprende da configuración das súas defensas un dos máis arcaicos castros de Trasancos; e os impresionantes restos do triplo sistema defensivo do castro do Couto (Petouzal) que ilustran esplendidamente no noso concello este período da Idade do Ferro.

Restos temperáns do contacto co mundo romano constitúen os anacos de vasillas de paredes finas do "cuncheiro" de Lóngaras (A Gándara), datadas entre os séculos I a.C. e I d.C. que parecen sinalar o final dunha etapa de longa relación comercial co Mediterráneo no que os intermediarios gaditanos foron protagonistas por moito tempo.

Se ben durante a dominación romana non se creou ningún centro urbano en Trasancos, aparece xunto ao hábitat castrexo unha nova forma de ocupación do territorio nos momentos finais do Baixo Imperio: a Villa, fóra do recinto fortificado en torno aos vales e terras fértiles.

Trátase duns tipos de pazo, en realidade dous tipos de pazos e ben distintos na súa aparencia dos anteriores modelos de asentamento castrexos, pero ao mesmo tempo desempeñan as mesmas funcións económicas e político administrativas que antes desempeñaban os castros, reciben os dous novos centros administrativos o nome de "villae", ambos ocupan e herdan o mesmo espazo que antes tiña o castro, son pois pequenas xurisdicións á fronte dun provincial, non un provinciano, ou dun nobre local, e ao mesmo tempo tamén son centros receptores de rendas dos campesiños que no interior da villa traballan as terras do señor.

As Villae ou pazos do Baixo Imperio teñen dúas formas arquitectónicas de expresarse. No primeiro caso, do que temos indicios en Quintá (O Val) e a Hermida (Pedroso) trátase duns verdadeiros pazos feitos ao estilo romano, contaban con todos os adiantos da tecnoloxía romana: calefacción, patios porticados, tullas, etc.; mentres que continuándose a tradición construtiva indíxena no segundo modelo de edificios chamados villae, estes non perdían o carácter de castronelas, castros diminutos ou pequenas granxas defendidas dos señores do lugar dos que posiblemente poidamos ter un exemplo no Val fronte á Pena Lopesa.

Volver

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal