Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

4º ALTA IDADE MEDIA

O hábitat en castros, dexaría paso a novas formas de ocupación na Terra de Trasancos. Pouco a pouco coincidindo coa invasión sueva, conforman dentro da villa ou aldea altomedieval un mosaico de claros no medio das fragas e de campesiños de cara ciscada que gañan espazo ao bosque mediante rozas, o "lugar", locus ou a "aldea" vicus habitada polos vicani (= Os Vicás ).

Coa reforma de San Martiño de Dumio, as efémeras dioceses (priscilianistas) desaparecen de Galicia. A Terra de Trasancos como arciprestado rural, adscríbese agora a unha sede episcopal, tradicionalmente coñecida como Vallibriense ou Mindoniense, á que, entre outros pertencen os arciprestados de Trasancos, de Labacengos e de Arrós. Mondoñedo será herdeira da vella sede de Maeloc, bispo dos britóns, que fuxindo das invasións anglosaxonas ocuparan unha franxa costeira dende Trasancos a Ribadeo chamada Britonia.

O Mosteiro de S. Martiño de Xuvia (olim de sempre sacrato) Considerábase de antiquísima orixe xa no século X, descoñecéndose a data da súa fundación como sabemos por un diploma do ano 977 que inaugura en Trasancos a espléndida colección diplomática na entón abadía, logo priorado de Cunegoo (Cluny). A esta fonte documental do mosteiro de Xuvia, a máis completa dun mosteiro cluniacense de España, temos que engadir a de outro mosteiro a partir de 1.111 (data da fundación por D. Munia Froilaz, irmá do Conde de Galicia D. Pedro Froilaz, monxa xunto á súa irmá Visclávara en Xuvia) baixo a advocación de S. Salvador: O Mosteiro de Pedroso.

No ano 844, un nobre chamado D. Arximiro, ordenado duque polo príncipe Ramiro, loitará na compaña de - xa feito rei como Ramiro II-este contra unha gran expedición viquinga de ocupación que con base na Terra de Faro (proximidades da Coruña) devastaba as Rías Altas. Os duques e condes de Ramiro incendiaron gran cantidade de naves aos invasores que na súa precipitada fuga foron decimados por unha tempestad, aínda tivieron forza para saquear Lisboa e Sevilla, feito que destaca a magnitude da única invasión que afectou á Terra de Trasancos, aínda que Galicia sufriría varias oleadas de piratas vikingos máis.

Volver

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal