Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

5º BAIXA IDADE MEDIA

Durante os séculos XI e principios do XII o mosteiro de Xuvia incrementará as súas posesións grazas á súa vinculación co clan nobiliar dos "Petriz", "Perez" ou Froilaz, que nel tiñan o panteón familiar. Unha vella lenda medieval ligaba esta liñaxe á Terra de Trasancos onde chegaría, tras perder o Conde don Mendo, da estirpe dos godos, as súas naves nunha tempestade cando coa intención de ser rei viña a Galicia, grazas a un milagroso salvamento no Cabo Prior. Masivas doazóns do clan Petriz situarán a Xuvia entre os mellor dotados locais de Galicia e sería claramente ata o primeiro terzo do século XIII en que vai ser substituído por Sobrado o mosteiro máis importante do país.

O último abade bieito de Xuvia, e "abba" ou arcipreste de Trasancos, D. Muniño ou Munio, foi testemuña do paso, por orde do Conde de Galicia D. Pedro Froilaz, do seu Arciprestado de Trasancos á Sede Compostelá (a. 1110), e tres anos despois este mesmo abade Munio perdería o seu mosteiro -no contexto do enfrontamento entre o Conde de Galicia D. Pedro, cabeza do partido Alfonso Raimundista e a raíña Dona Urraca- tras a doazón do conde D. Pedro do seu mosteiro familiar de Xuvia ao abade burgundio de Cluny Ponce de Melgueil o 14 de decembro de 1113.

Como hóspede agora do prior don Pedro da orde de "Cunegoo" (Cluny) o ex abade D. Munio, convertido o seu mosteiro en priorado, viviría nel co seu irmán o monxe Vimara ata a súa morte. Con el residían en Xuvia en olor de santidade as monxas Munia e Visclávara Froilaz, membros do clan nobiliar máis poderoso de Galicia, cuxas mandas acrecentaron considerablemente o poder do mosteiro.

Tras a morte do conde de Galicia, o seu fillo don Fernando Pérez "imperante" e "princeps" da Terra de Trasancos adopta (e aínda este título o leva xa o seu pai o conde don Pedro na documentación de Caaveiro por atribuírllo os monxes en traslados posteriores do século XIII ) por primeira vez o título de Conde de Trastámara (literalmente "tras o río Tambre". A Terra de Trasancos estará sempre en poder do titular deste condado.

Da descendencia do irmán maior do primeiro conde de Trastámara, Bermudo Pérez e a súa muller Tareixa Bermúdez, xurdirá ligado ao topónimo Mandiá unha importante liñaxe trasanquesa mantida ata hoxe na liña dos Condes de Castelo e na liña do Pazo da Casa do Monte.

Volver

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal