Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

6º O SÉCULO XIII

A principios da centuria, Afonso VI de Galicia e IX de León funda no Mar de Xuvia as villas de Ferrol e Neda, que se desenvolven rapidamente, xunto a unha pequena Graña que, doada polos "Petriz" ao Císter, tiña en Brión o mosteiro de Sobrado.

Dos netos do conde de Galicia don Pedro Froilaz (fillos de D. Bermudo Pérez e Tareixa Bermúdez): Froila Rodríguez e Aldena Núñez, Gonzalo Rodríguez e Berenguela, e o cruzado de Xerusalén D. Melendo Rodríguez, xurdirán en Trasancos unha serie de familias, orgullosas da súa liñaxe estritamente emparentadas entre si, na maioría dos casos ligadas a un topónimo: son os Ferrol, os Andrade; os Lago; os Piñeiro, os Tenreiro; os Esquío, os Baleeiro (Valerios), os Besteiro (Ballester) etc., conformándose así o mosaico da fidalguía local, unha das máis importantes de España, relacionada e reemparentada entre si a través dunha política matrimonial entre primos cruzados

O pouco éxito destas familias nas continuas reclamacións á coroa para recuperar os seus mosteiros de Pedroso e Xuvia, compénsano instalando nos ditos mosteiros dinastías de priores das súas familias. Por este procedemento, mediante contratos de foro a cambio de simbólicos canons anuais, reverte pouco a pouco ás mans destas casas fidalgas a enorme base territorial monástica de San Martiño e San Salvador.

Volver

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal