Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Historia
 

BREVE VISIÓN HISTÓRICA DE NARONTERRA SEGUNDO DIVERSOS TRABALLOS DO HISTORIADOR NARONÉS ANDRÉS PENA.

8º SÉCULOS XIV y XV

Diversas concesións reais favorecen estas actividades no seo dun Territorio de realengo. Así ao que tras a destacada participación trasanquesa na Batalla do "Salgado" (1340), Afonso XI outorgaría extensos privilexios ás villas, cotos e xurisdicións destas terras, por iso se consideraban fidalgos os campesiños de Pedroso e outros cotos trasanqueses e tamén por este motivo obterían logo moitos dos seus habitantes cédula de Fidalguía na Idade Moderna. É este o momento de auxe da Casa dos Lago baixo cuxo mando participarían os pedrosáns na batalla do "Salgado", casa esta procedente probablemente do Val, Narón, parroquia a que están ligados por unha tradición conservada na Pena Lopesa ou Pena de D. Lopo de Lago, segundo a que este nobre matou por celos a súa muller e foi abaixado. É esta ao parecer a tradición máis antiga que a tardía transposición do Ciclo Artúrico presente en Cedeira.

No contexto da guerra fratricida do Rei D. Pedro e o bastardo Enrique no que a villa de Ferrol xogou un papel fundamental, un mal intencionado pacto do ano 1368, diabólico, entre o bispo de Mondoñedo e Fernán Pérez de Andrade, facía perigar a condición de realengo gañada no Salgado e rompería, ao cabo, o equilibrio entre as casas dos cabaleiros trasanqueses, estreitamente emparentados entre si mais non por iso ben avidos. Escindidos os Andrade durante o conflito en dous bandos: o Petrista ou legalista do Alcalde de Ferrol e "Mestre" no exilio da Orde de Cristo de Portugal don Nuño Freire e a facción Henriquista ou rexida, representada polo irmán do alcalde de Ferrol Fernán Pérez de Andrade ou Bo.

Para os habitantes e a nobreza comercial da Terra de Trasancos o triunfo no 1371 da rama traidora dos Andrade supón unha traxedia. Algunhas liñaxes como os Esquío, os Mandiá ou os Tenreiro sobreviven, outros, cuxa economía e poder político dependía da boa relación cos mosteiros de Xuvia e Pedroso e co control directo dos rexementos de Ferrol e Neda, como sucedía tamén coas demais liñaxes, serán "abaixados" pola rama felona da Casa de Andradre como foi seguramente o caso dos Lago e os Piñeiro, do partido "petrista". Lonxe de desaparecer este partido "petrista" latirá escondido agardando mellores tempos.

Fomentada dende o mosteiro de Xuvia e apoiada sen dúbida polo Rei Juan II de Castela, a oportunidade chégalles aos abaixados cando traizoados polo duque de Arjona e Nuño de Andrade O Mao, este rei para vingarse deste último, quítalle o señorío das villas de Ferrol e Neda, as súas villas polas mercedes henriqueñas, e confírmalles a estas e aos cotos da Terra de Trasancos pretéritos privilexios deixando a Nuño Freire na ilegalidade e desamparo. Estas circunstancias dan pé á primeira Revolta Irmandiña do ano1431. Foi esta unha rebelión xusta, promovida pola fidalguía, os coutos monásticos e un campesiñado con carta de fidalguía, enriquecidos todos polo tráfico marítimo e asfixiados polo réxime de behetrías instalado polos Andrade sobre os coutos con impostos. Instigada polo Rei na sombra, a Primeira Revolta Irmandiña, baseábase no respecto aos privilexios pretéritos, liberdades, franquezas e exencións das villas de Ferrol e Neda, e os diversos cotos e xurisdicións de Trasancos, de novo validados por D Juan II. A rebelión culmina a longa resistencia activa por parte dos campesiños, contra o intento refeudalizador dun sector dos cabaleiros.

Volver

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal