|
 |
Historia |
|
|
Castro
|
 |
|
En calquera parte de Galicia sobresaen os castros, que nas longas noites de inverno son motivo
de moitas historias de arrepío que hoxe escoitamos a carón do lume das lareiras. Historias como a
da Pena Molexa, que conta como un rei quedou petrificado xunto cos seus guerreiros, levantándose
unha maldición na noite de San Xoán para que o pobo non esqueza que alí seguen para protexelo. Dos
52 castros existentes na terra de Trasancos, polo menos 13 están incluídos nas actuais terras de Narón.
|
O castro é a defensa dun asentamento completo que consiste, polo xeral, en arrós e gabias xunto a muros
de terra, pedra e madeira. Das defensas depende a vida da comunidade, pois deben gardar os habitantes,
o gando e as colleitas. Os 13 castros de Narón, que se atopan nun mal estado de conservación, son: o castro de
Trasancos, de Castro, de Sequeiro, dos Bicás, da Ermida, da Pereiruga, de Bazón, de Eiravedra, do Petoural,
da Revolta, de Quintá, de Vilasuso e da Pena Lopesa.
|
|
A lendaria Pena Molexa
|
 |
|
|
|
<<< Xaneiro 2021 >>>
L | M | M | X | V | S | D |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
|